Experiencia para os adestradores da comarca no clinic de Nadal do CAB Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O pavillón do IES Frei Martín Sarmiento en Pontevedra foi o pasado 30 de decembro escenario dunha xornada especial, co clinic de Nadal organizado polo Club Amigos do Baloncesto CAB Pontevedra.
Na formación participaron 60 adestradores e afeccionados ao baloncesto, a maioría técnicos novos da demarcación de Arousa e a provincia.
Todos eles puideron gozar e aprender das experiencias e coñecementos de adestradores como Víctor Pérez, técnico axudante no Obradoiro da Liga ACB e que falou sobre o contraataque e sobre aspectos defensivos da Selección Española Sub-19.
Ademais Manu Santos, adestrador do CLB Vilagarcía impartíu unha formación sobre a progresión metodolóxica na forma de adestrar.