Iván García queda sen praza olímpica
Por Redacción
Iván García quedou sen praza para os Xogos de París 2024 pese ao esforzo dos últimos meses.
O deportista do Mat's tiña este sábado no Grand Slam de Wuxi (China) a última oportunidade para acadar unha praza olímpica despois dun ano moi complicado por culpa dunha lesión de xeonllo que o tivo fóra dos tapices durante cinco meses.
Coa presión de estar no segundo posto do ranking olímpico antes da lesión, Iván García afrontou unha competición moi complicada cun primeiro combate ante o ruso Vladislav Larin, último campión olímpico.
O marinense venceu o primeiro asalto de forma clara e sorprendendo ao seu rival (4-0). O segundo, con todo, estivo moi igualado, pero a falta de 10 segundos Iván ía perdendo por rexistros e tivo que arriscar, o cal foi aproveitado por Larin para puntuar e empatar.
Deste xeito o combate chegou ao desempate, que tamén estivo temendamente axustado ata que a falta de 20 segundos o ruso logrou poñerse por diante e o galego xa non puido remontar.
Larín foi o ganador do Grand Slam e só Iván García foi capaz de arrincarlle un asalto ao longo da competición.