O Fabril "vai esixir estar 90 minutos concentrados e controlar esa calidade individual que teñen", segundo Yago Iglesias
Por Almu Dapena
Por primeira vez no que vai de tempada, esta semana Yago Iglesias puido con todos os integrantes do primeiro equipo e os do filial para traballar de cara ao encontro deste domingo ante o Deportivo Fabril (17:00 horas, Pasarón).
Foi unha "semana boa", recoñeceu o técnico granate, "que estean todos vai subir o nivel de adestramento e competición" e iso "axudounos a poder traballar situacións de xogo real. A verdade é que o equipo está con ganas de que chegue o domingo para tentar sumar de tres, despedir o ano nas mellores condicións e na mellor posición posible".
En canto ao rival desta semana, Iglesias admitiu que "é un equipo de moito nivel, ten sobre todo moita continuidade no banco, no seu adestrador, levan moitos anos xuntos e ten moitos rexistros", dos cales as súas principais calidades son "que se coñecen moi ben" e teñen "moita calidade individual".
Ademais, ao tratarse dun filial ten xogadores que están en dinámica de primeiro equipo tanto en convocatorias como na disputa de minutos, algo que o Pontevedra ten que ter en conta.
Con todo, "a mocidade e a adaptación á categoría" é algo que ao Deportivo Fabril está a pasarlle factura, pasando "por moitos niveis" ao longo dos partidos. "Por momentos somete ao rival, pero ao final hai puntos que se lles escapan ou non son capaces de puntuar por eses pequenos detalles a pesar de que se coñecen moi ben", explicou.
"As estatísticas e os números que saen dos partidos moitas veces non ten nada que ver co que despois pasa, vai esixir estar 90 minutos concentrados e controlar moi de preto esa calidade individual que teñen", subliñou. "Do que vimos, é dos equipos que máis me gustan tanto individual como colectivo", por iso "esperamos un partido complicado aínda que sempre co noso plan de partido e tendo en cuenta que xogamos na casa".
Neste sentido, Yago Iglesias di que xogar en Pasarón é algo que "está a ser clave para nós" e en vistas do número de desprazados que acumulou o club tanto a Coruxo como a Ourense, esperan "que esta semana sigan subindo as cifras e sexa a mellor entrada do que vai de tempada".
Relacionadas:
-
Remontada, goleada e liderado granate (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A última xornada do ano, solidaria en Pasarón e o Pavillón Municipal
Por Redacción |
-
Chiqui: "O noso obxectivo é quedar primeiros, cada partido afrontámolo como unha final"
Por Diego Espiño |
-
O Fabril, un filial historicamente incómodo para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Vilalba, primeira viaxe de 2024 para a 'Marea Granate'
Por Redacción |
-
As tarxetas empezan a ameazar o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O campionato de inverno, difícil pero a tiro para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Empate sen goles e pouco fútbol no derbi entre o Pontevedra e o líder Ourense CF
Por Almu Dapena |
-
Promoción nas entradas para un decembro de derbis galegos en Pasarón
Por Redacción |