Tres medallas para Bea Gómez no Meeting Internacional de Niza
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A participación de Bea Gómez Cortés co equipo nacional no Meeting Internacional de Niza de natación saldouse con tres medallas para a pontevedresa.
A nadadora do Galaico, a pesar de quedarse lonxe das súas mellores marcas, finalizou en segundo lugar os 400 libres (4:17.19), nunha proba dominada pola tamén española Melani Costa (4.13.72), e nos 400 estilos (4:45.92).
Ademais Bea logrou o bronce nos 200 estilos cunha marca de 2:16.51.
En Niza tamén estivo a ribeirense María Vilas, que completou o podio español dos 1.500 libres co seu terceiro posto (16:36.12).