Primeira derrota ligueira para o Waterpolo Galaico
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra encaixou a súa primeira derrota ligueira o pasado fin de semana na súa visita ao Club Natación Coruña por un apertado 15-14.
Os pontevedreses, a pesar da derrota, seguen encabezando a clasificación da Primeira División Galega por diante do CW Santiago.
En Coruña os de Javi de Sáa arrancaron dominando o primeiro parcial (3-4), mantendo a distancia ao descanso, pero víronse sorprendidos no terceiro cuarto.
Aínda que no último período o equipo lerezano intentou reaccionar, non logrou xa dar a volta ao partido confirmando a derrota.
CN CORUÿA (15): González, Otero, Escudero, Quelle (1), Gato (1), Alba, Abuin (2), García (2), Orozco, Martins (5), Posse (2), Blanco (3).
CW GALAICO PONTEVEDRA (14): Pablo, Rober, Xoán, Rubén, Kike (1), Juanjo (2), Ángel (2), Andrés (5), Raúl (1), Mauro, Bran (3), Montojo, Manu.
Parciais: 3-4, 4-4, 6-3, 2-3.