Xisela Aranda, número un do ranking nacional, ficha polo Squash Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A campioa de España de squash e número un nacional Xisela Aranda decidiu cambiar de aires e fichar polo Club Squash Pontevedra.
A viguesa, despois de 11 anos nas filas do Vigo Squash, adestrará agora nas instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur, onde poderá dispoñer, ademais das pistas de squash, de preparador físico, ximnasio e piscina.
Xisela declarou sentirse feliz por este cambio e polo valor que o club pontevedrés deu á súa traxectoria, afirmando ademais que "seguirei traballando e esforzándose no mellor ámbito posible".
No palmarés de Xisela Aranda, que actualmente disputa tamén a liga francesa e italiana deste deporte, destacan os seus títulos de campioa galega absoluta dende o ano 2005 e de campioa de España dende 2009.