Picada e abandono na última proba do ano de Gómez Noya
![Almu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/ea8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5e90aef8d7-_noc0208.jpg)
Por Almu Dapena
Javier Gómez Noya non puido terminar a tempada como lle gustaría. Despois de sumar varios triunfos consecutivos ao longo deste ano, o pontevedrés tivo que retirarse do Ironman 70.3 de Taupo.
O pontevedrés liderou o segmento de natación para escaparse con outros dous triatletas a un altísimo ritmo. Con todo, no tramo ciclista chegaron os problemas. Noya recibiu unha tarxeta azul por drafting, perdeu a cabeza de carreira e tentou continuar, pero quilómetros despois picou a roda dianteira e decidiu abandonar definitivamente.
Finalmente, o podio formárono os neozelandeses Kyle Smith en primeira posición, Jack Moody en segunda e Kurt McDonald en terceira.
Ao finalizar a carreira, o triatleta admitiu nas súas redes sociais non estar de acordo coa penalización por drafting. "No km 55, despois dun punto de xiro sacáronme tarxeta azul por drafting. Do cal non podo estar máis en desacordo, pero iso non serve de nada. Por primeira vez na miña carreira servín os 5min de penalización", explicou.
"Ao volver montar, a verdade é que xa non tiña a cabeza na carreira, simplemente quería chegar á T2, correr e terminar o día. Pero para facer a xornada un pouco peor, poucos kms despois piquei a roda de diante e aí xa si que 'pechei o chiringuito' e para casa. Virán días mellores…", concluíu.
Relacionadas:
-
Gómez Noya, gañador dun Half Tríatlon de Vitoria no que Saleta Castro acabou cuarta
Por Almu Dapena |
-
Gómez Noya abandona no IRONMAN 70.3 Tasmania
Por Almu Dapena |
-
Incombustible Gómez Noya: Gaña en Sudáfrica un Ironman 70.3 e logra billete para o Mundial
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Así foi a homenaxe a Javi Gómez Noya, con mensaxes de Alistair Brownlee, Pau Gasol ou Carolina Marín
Por Redacción |