Quinta seguida do Arxil vencendo o ADBA no CGTD (57-50)
Por Redacción & Cristina Saiz
Segue de doce o Club Baloncesto Arxil, que este sábado sumou a súa quinta vitoria consecutiva na Liga Feminina 2 que lle fai condolidarse na cuarta posición da clasificación.
O conxunto pontevedrés superou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o ADBA de Avilés, e fíxoo mostrando a súa versión máis rochosa e nun encontro tremendamente traballado desde a defensa.
Heather Forster comandou ás arxilistas nun primeiro cuarto no que asinou 6 puntos e 4 rebotes para lanzar ao equipo a un 15-9 no marcador.
Non era unha vantaxe ampla, pero entrouse a partir de aí nunha fase de máxima igualdade que non permitía voltear o electrónico, aínda que ADBA reducía mínimante ao descanso (24-20).
Era un partido para tenteo baixo, chegando aos 10 minutos decisivos cun apertado 39-35.
Había que amornar nervios e fíxoo mellor o Arxil, cun 18-15 no cuarto definitvo que levou o marcador ao 57-50 final.