Permanencia asegurada para o Pontevedra Rugby Club tras gañar ao pechacancelas Zalaeta (8-22)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Obxectivo cumprido para o Pontevedra Rugby Club (PRC) na súa primeira tempada na Primeira Territorial Galega.
O equipo lerezano, tras gañar na casa do pechacancelas Zalaeta (8-22) en partido aprazado da novena xornada, asegurouse a permanencia na categoría e loitará agora por entrar no play-off final polo título.
Para logralo o PRC ten por diante dous partidos antes de finalizar a liga regular, ante o líder e intratable Os Ingleses de Vilagarcía e o derbi local ante o Mareantes.
Tras o seu traballado triunfo en Arteixo os pontevedreses son cuatros con 25 puntos, a só un da segunda praza e con cinco de vantaxe sobre o Campus Ourense, aínda que os seus rivais contan cun partido menos.