Últimos días para apuntarse en Artexoga, obradoiros infantís de Migallas Teatro
Por Anxo Lourido
Este domingo 3 de decembro finaliza o prazo para apuntarse aos talleres denominados ARTEXOGA, que organiza Migallas Teatro, de actividades de expresión dramática, plástica e musical, ademais de xogos tradicionais para crear un espazo de socialización en lingua galega.
Cada unha das propostas, que se realizarán no Pazo da Cultura, consta de 14 sesións de hora e media, adaptadas aos períodos lectivos escolares, a partir de xaneiro de 2024 ata o mes de abril. Serán sesións semanais e repartidas da seguinte forma:
Taller 1: de 8 a 11 anos
Luns de 18.00 a 19.30 horas
Número de participantes: 25
Taller 2: de 5 a 7 anos
Mércores de 17.30 a 19.00 horas
Número de participantes: 35
Taller 3: de 5 a 7 anos
Xoves de 17.30 a 19.00 horas
Número de participantes: 35
O prezo é de 50 euros para cada obradoiro, co material incluído no prezo.
No caso de que se rexistren máis solicitudes que prazas solicitadas realizarase un sorteo público, que se realizará o 5 de decembro a partir das 10.00 horas no Pazo da Cultura. Terán preferencia as solicitudes das persoas con domicilio en Pontevedra.
Antes do 16 de decembro comunicarase por correo electrónico a cada unha das persoas solicitantes a adxudicación de prazas ou o ingreso en lista de espera.
A ligazón para inscribirse é: https://apuntate.pontevedra.gal/artexoga/
Esta actividade está promovida polas concellerías de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.