'El Brujo' abre a tempada de abonos de teatro coas mulleres máis emblemáticas de Shakespeare
Por Redacción
Rafael Álvarez El Brujo inaugurará o próximo domingo 9 de febreiro o novo periodo de abonos de teatro do Centro Social da Fundación Novacaixagalicia de Pontevedra. Farao ás 19.30 horas coa súa máis recente proposta teatral, o desafío dramático Mujeres de Shakespeare, e as entradas xa están á venda na páxina de Servinova.
O espectáculo articúlase en torno a unha selección dos personaxes femininos xurdidos da pluma de Shakespeare que máis marcaron a El Brujo: Beatriz (Moito ruído y pocas noces), Julieta (Romeo y Julieta), Rosalinda (Como gustéis), Catalina (La fierecilla domada) e a escura dama dos Sonetos.
A idea desta peza dramática xurdiu a partir do namoramento do cordobés por esas mulleres durante unha viaxe polo Caribe. Segundo el mesmo sinala: "Eu quería facer un espectáculo diferente, pero estando de vacacións no Caribe saíronme ao paso as mulleres de Shakespeare. Namoreime de Rosalinda (Como gustéis), do seu enxeño triunfante, da súa luz e das súas respostas. De Catalina, de Beatriz e de Julieta, tan sublime que te fai sentir culpable de albergar calquera sentimento de ironía (pola idade, enténdese) ou de escepticismo fronte á inocente plenitude absoluta do amor romántico. En fin, ámoas. E penso que non é difícil amalas se se lles coñece".