O Museo saca á luz xoias nunca expostas dende a época romana ao século XX
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52ea987e46707-_p2a1316.jpg)
© Deputación de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52ea9b3fe933d-_p2a1296.jpg)
© Deputación de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52ea9b6f13b35-_p2a1298.jpg)
© Deputación de Pontevedra
Máis de 150 pezas de xoiería que están gardadas nos fondos do Museo de Pontevedra e que, na súa meirande parte, nunca se expuxeron ao público. ÿ un dos principais atractivo da exposición As xoias e o seu reflexo que abre este venres no Sexto Edificio do Museo. O outro reclamo é que as xoias non se amosan soas, senón no contexto no que adoitaban usarse entre a época galaico romana ata o século XX.
A comisaria da exposición, Natalia Fraguas, realizou este xoves un percorrido previo á inauguración acompañando aos medios de comunicación e explicou que "vai ser a primeira vez que o público as poida ver directamente" e, no caso daquelas xa expostas, "é a oportunidade de velas dunha forma diferente", incluso adaptada a distinto tipo de públicos, pois a mostra incluirá actividades para nenos e visitas guiadas todos os sábados.
As xoias e o seu reflexo é unha mostra multidisciplinar na que se combinan as xoias propiamente ditas con outros elementos que axudan a contextualizalas, como cadros, fotografías, postais, gravados, revistas, complementos de moda, obxectos decorativos que permiten ao visitante captar o modo no que as xoias eran usadas en cada momento histórico, a súa función e o seu simbolismo.
A estrutura da mostra combina a ordenación cronolóxica coa temática, de forma que se comeza coas primeiras pezas que posúe o Museo, datadas na época galaico romana, e se estende ata o século XX, pasando pola Idade Moderna e cun gran número de xoias do século XIX.
O visitante poderá contemplar tamén xoias agrupadas segundo o seu uso ou simbolismo, como as xoias relixiosas ou devocionais, entre as que destacan uns colares de azabache que eran usados polas abadesas do císter; pero na que tamén hai rosarios, relicarios, medallas, cruces; ou unha selección de xoiería tradicional que inclúe unha gran variedade de alfaias do século XIX (aderezos, pendentes, aneis, broches acompáñanse de camafeos, reloxos e cadeas de reloxo e xoias de uso masculino). Xúntanse a miniaturas, pezas destinadas a lucir durante o loito ou condecoracións.