Un álbum que trata a sexualidade, da editora pontevedresa OQO, galardoado entre os mellores libros latinoamericanos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Montañas na cama, un álbum da editora pontevedresa OQO escrito pola narradora oral Maricuela e ilustrado por Sonja Wimmer, resultou galardoado pola Fundación Cuatrogatos como un dos mellores libros infantís latinoamericanos.
Cuatrogatos é unha fundación destinada á promoción da literatura infantil con sede en Miami e con esta distinción recoñece a calidade literaria e plastica das obras premiadas.
O libro Montañas na cama é un álbum orixinal e divertido, no que se aborda a sexualidade con moito humor, naturalidade e tenrura. O protagonista da historia, Martín, escoita ruídos estraños no cuarto dos seus pais e interpreta de modo moi particular o que alí acontence. A imaxinación infantil dará lugar a un relato divertido, con escenas tremendamente cómicas.
O humor e a inocencia son, nesta obra, un instrumento para restarlle seriedade a un tema que os pais lles resulta, con frecuencia, complicado abordar cos seus fillos. Maricuela escribiu esta historia para facilitarlle ás familias que traten "con máis frescura o tema da sexualidade, para que o neno non quede coa sensación de fraude despois de oír as explicacións dos seus proxenitores".