San Xulián acollerá a segunda Mostra de Cine de Marín
Por Redacción
A fin de semana do 18 e 19 de novembro chegará a segunda edición da Mostra de Cinema de Marín, que se celebrará na Cultural de San Xulián.
Trátase dunha iniciativa que busca fomentar o cinema independente en distintos puntos do municipio a través dunha fórmula itinerante.
Nesta ocasión proxectaranse traballos que quedaron fóra da edición celebrada en agosto e tamén outros títulos como 'A Moza da Bufanda Vermella', de Martín Caínzos, coa participación de Marta Doviro e o actor falecido Pedro Brandariz. Tamén está prevista a exhibición de 'Alegría', un documental sobre o desastre ambiental do buque Prestige, dirixido por Luis Otero.
A lista completa das películas desta edición farase pública durante os próximos días a través das redes sociais de @JOHNBALANFEST e nas canles oficiais de comunicación do Concello de Marín.
A intención dos organizadores é que, a curto prazo, realícese un único evento que concentre unha semana dedicada a proxeccións de relevancia e actividades formativas relacionadas co panorama audiovisual. A idea é que a poboación das parroquias marinenses entenda que o cinema é unha industria máis, necesaria para visibilizar inquietudes e formas de vida da poboación de Galicia.
"Trátase de que a sétima arte vaia collendo protagonismo entre vos veciños e veciñas de Marín, non só do núcleo urbano, senón tamén do resto de parroquias", apunta o produtor do JBF-John Balan Fest, Dani Antelo.
Unha das principais novidades será o anuncio da creación dun novo Clube Audiovisual, coa intención de converterse en referente cinematográfico no Concello.