O Museo Manuel Torres acolle este venres a I Mostra de Cine de Marín
Por Redacción
Este venres, día 25, ás 19 horas, terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres a I Mostra de Cine de Marín.
Coincidindo co Día da Eliminación da Violencia contra a Muller, proxectarase a primeria peza: "Faro Violeta", unha longa documental que trata de concienciar sobre a realidade da prostitución e a explotación sexual de mulleres e nenas. A súa creadora é a verinense Iris Justo, que conta cunha candidatura ós Premios Goya 2023 pola súa participación como directora de fotografía no filme "El Tirabeque".
O sábado, día 26, a xornada comenza ás 12 horas coa curta documental, "Augas Abisais", dirixida por Xacio Gómez e gañadora do Mestre Mateo 2022. Unha obra que explora a vida dun parente do mesmo director no contexto da Guerra Civil española, para rematar co rescate dunha historia esquencida polo paso do tempo.
Séguelle a curta de ficción "O que queda de nós", producida polo alumnado da Universidade de Vigo, que foi tamén recoñecida en diferentes certames arredor do mundo, e que conta coa participación da actriz local, Mayka Braña, quen, ademáis, estará presente durante as proxeccións da mañá.
Xa á tarde, o público poderá desfrutar do prato forte da Mostra coas proxeccións das longas documentais "Negro Púrpura", programada para ás 19 horas, e "Devolvendo O Golpe", de Carlos Prado, que fará a súa intervención ás 20:30 horas. Pechará a xornada de actividades cunha pequena charla co realizador e xornalista marinense.