Javier Pérez Campos resultará coñecido aos lectores por ser reporteiro do programa de televisión 'Cuarto milenio' que dirixe Iker Jiménez.
Acaba de publicar 'Immaturi. Los inocentes', un título que compendia testemuños e a súa propia experiencia ao investigar aparicións de pantasmas de nenos. É ao mesmo tempo unha viaxe do autor nun momento persoal clave: o de converterse en pai e os medos que xorden ao adquirir tal condición.
Immaturi é como na Antiga Roma chamaban aos nenos que volvían como pantasmas. Na Antiga Grecia denominábanos aoroi, "os mortos fóra de hora e son os máis temidos porque son os máis perdidos. Eran mortos incómodos porque había terror a que puidesen regresar", explica no podcast 'Cara a cara', posto que "a morte dun neno é o máis antinatural que pode ocorrer".
Investigou quince historias. O Camiño de Santiago, Vitoria, Mérida, Talavera la Real, París, Aceitunillas (Cáceres), Minas de Horcajo (Ciudad Real), Las Palmas de Gran Canaria... son algúns dos emprazamentos ata onde se foi desprazando Javier Pérez para documentar os correspondentes casos.
E non só o autor, coméntanos que hai lectores que do mesmo xeito que sucede con outras sagas de libros, series televisivas ou películas, percorren estes lugares para coñecer persoalmente estes fenómenos paranormais.
Entre todo este ambiente sobrenatural tamén engaden algo estas páxinas: "o que temos é o agora e é o que hai que aproveitar" di o xornalista ciudadrealeño neste sexto libro que publica.
O podcast completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén descargar desde a web de PontevedraViva Radio.