Marcelo Gullo Omodeo é doutor en Ciencia Política, especializado en Historia e Política Internacional. É autor de numerosos libros. En España dous ensaios preceden ao que actualmente promociona: 'Madre patria' e 'Nada por lo que pedir perdón'. Con 'Lo que América le debe a España. El legado español en el Nuevo Mundo' completa esta triloxía facendo un percorrido multidisciplar; desde Atenas, Roma e Jerusalem para fixar unhas orixes e chegar ata a actualidade.
Con este libro pondera a creación da Hispanidade, así que diante este 12 de outubro, preguntámoslle no podcast 'Cara a cara' que hai que lembrar, manter e reivindicar nunha data como esta.
Este académico arxentino responde: "o mesmo que reinvidicó o primeiro presidente democrático de Arxentina, Hipólito Yrigoyen, en 1916. Aos meses das primeiras eleccións libres e democráticas fixo un decreto consagrando o 12 de outubro como feriado nacional. E lembra que España deunos o noso ser, aquilo que nos fai ser o que é: a nosa lingua, valores, costumes, cos nosos defectos e virtudes, pero ninguén pode renegar disto. Herdamos a cultura grecorromana católica, o mellor de Atenas e Roma a través de España. A cultura máis maravilosa do mundo".
As súas argumentacións denuncian a corrente antihispanista que se reproduce tanto en España como no continente americano: "é o actual populismo hispanoamericano que resucitou a lenda negra con Maduro, Petro, Boric ou Obrador en México para encubrir a súa propia ineficiencia no goberno". De feito, relata as diverxencias verbais que mantivo co actual presidente venezolano Nicolás Maduro.
O podcast completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén descargar desde a web de PontevedraViva Radio.