A Orquestra de Cámara Lira celebra unha década xerando talentos musicais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Pontevedra é berce de talentos artísticos e a Orquestra de Cámara Lira converteuse nun referente como canteira de músicos novos dende que, hai unha década, comezou a súa andaina. Este sábado 25 ofrecía un concerto no Pazo da Cultura para conmemorar o décimo aniversario coa colaboración da Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra e a Escola de Danza Deborah.
Baixo a dirección de Algirdas Pocius, a orquestra ofreceu un programa con música popular de Ennio Morricone ou Leonard Cohen, ademais dun repaso por pezas de compositores de música clásica como Händel ou Tchaikovsky.
Os músicos que conforman a Orquestra de Cámara Lira son mozos menores de vinte anos, que contan con proxección artística e que combinan a súa participación nesta orquestra de cámara cos seus estudos musicais no conservatorio.
Concerto do décimo aniversario da Orquestra de Cámara Lira
© Diego Torrado