Estudantes de Belas Artes publican un calendario que combina obras artísticas con corpos espidos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52e0017325a71-gal2.jpg)
© Universidade de Vigo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52e0020fcf59a-gal1.jpg)
© Universidade de Vigo
Pinturas e esculturas son os únicos elementos que cobren os corpos dos seis estudantes de Belas Artes que aparecen nas fotografías que forman parte do calendario desnudArte, elaborado por dous destes alumnos que buscan con esta iniciativa difundir a produción artística, que se realiza na facultade pontevedresa que se realiza na facultade pontevedresa.
Os impulsores desta proposta foron Cristina Amado e David Crespo que realizaron este traballo para a materia de Xestión, Ámbito Artístico e Mundo Cultural, que imparte o profesor Xosé Manuel Buxán. O docente promoveu que o alumnado organizase "unha acción cultural real, coa idea de que reflexionen sobre outras liñas de traballo máis alá da creación artística".
Segundo afirma o profesor, nun principio os alumnos mostráronse "un pouco reticentes" a sumarse a esta iniciativa pero, ao final, os dous promotores da iniciativa conseguiron reunir outros catro estudantes para pousar nus xunto ás súas esculturas ou pinturas no calendario, que van dende a estética hiperrealista ás esculturas conceptuais de carácter sexual.
Ata finais de xullo, o calendario véndese no servizo de reprografía da facultade a 2 e 2,5 euros, segundo o tipo de papel. Segundo Cristina Amado, "non gañamos nada con eles, véndense a prezo de impresión. De feito iranse facendo segundo se vaian pedindo, porque con isto ninguén ten beneficios".