Reynier Aldana, primeira actuación dos Domingos Musicais no Sexto
Por Redacción
Este domingo 26 ás 19:30 horas no Sexto Edificio do Museo iniciase o ciclo de música 'Domingos Musicais no Sexto', coa actuación de Reynier Aldana. O músico e compositor cubano nacido na Habana, comezou a súa traxectoria profesional como percusionista e posteriormente desenvolveu coñecementos en guitarra.
Aldana reside dende hai máis dun ano en Moaña, onde fundou o proxecto Jazz Fusión xunto ao pianista cubano Alejandro Vargas e o baterista galego L.A.R. Legido. Na actualidade, o artista traballa na maqueta Tu libertad que será o seu primeiro disco, onde mestura ritmos africanos, pop, rock, funk, bolero e sons electrónicos.
A entrada é libre e gratuíta.