O cantautor Fred Martíns achega a tradición brasileña ao Sexto Edificio
Por Redacción
O domingo 12 de abril ás 19:30 horas, o artista Fred Martins ofrecerá un concerto no Sexto Edificio, dentro do ciclo Domingos Musicais. A entrada será libre ata completar aforo.
Destacado entre os artistas da súa xeración, o cantante e compositor Fred Martins ofrece un repertorio de autor variado e moi relacionado coa artesanía da canción brasileira. Nun estilo particular e contemporáneo, as súas composicións dialogan coa samba e a bossa nova, mesturando tamén elementos de rock e outros estilos.
O talento do compositor foi recoñecido polo prestixioso Premio VISA da música brasileira (9ª edición, 2006), no que se lle concedeu o premio máximo Mellor compositor. As súas composicións foron gravadas tamén por Renato Braz, Ney Matogrosso, Maria Rita ou Zélia Duncan, entre outros.
Fred Martins participou nos festivais internacionais Lula World Festival (Toronto), Músicas Portuarias, Cantos da Maré (Galicia), no Festival Jawhara (Marrocos), Festival de Músicas do Mundo en Vila Real (Portugal), entre outros eventos. Na actualidade, participa como compositor e intérprete no espectáculo Utopía de María Pagés, inspirado na obra de ÿscar Niemeyer e está gravando o seu primeiro disco en solitario con músicas representativas dos seus vinte anos de carreira, para ser presentado proximamente en Europa.