Gran éxito de público na celebración da XII Mostra dos Trazantes de Tenorio
Por Redacción
A duodécima edición da Mostra dos Trazantes de Tenorio foi seguida por unha gran cantidade de público que asistiu ao festival folclórico celebrado este sábado no adro da festa de Tenorio.
Nel tivo un papel relevante o irmandamento co folclore e a música tradicional de Portugal a través da participación do Rancho Folclórico do Centro Cultural de Río de Moinhos (Penafiel).
Desde as sete da tarde foron actuando Os Trazantes de Tenorio, o Rancho Folclórico do Centro Cultural de Río de Moinhos e o Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima de Rois.
A fin de festa correu a cargo de Son das Tabernas.
O acalde, Jorge Cubela, felicitou á directiva da asociación polo excelente traballo que realiza e polo apoio popular recibido polo numeroso público que premiou con aplausos as distintas intervencións dos grupos folclóricos sobre o escenario.