Ana Carbajales é o pseudónimo co que se presenta a muller que asina'Nuevas partituras'. Unha muller asturiana que por motivos profesionais chegou hai vinte anos a Pontevedra coa idea de que fose por pouco tempo e que actualmente ten "a idea de irme desaparecida". Charlamos con ela no podcast 'Cara a cara'.
Escribir, escribía desde a mocidade, publicar non se produciu ata 2020 con 'Lejos del diván'. Unha historia que xurdiu durante a espera nun centro médico. Este ano volveu con 'Nuevas partituras', unhanarración que discorre entre unha localidade portuguesa e Pontevedra. Carbajales defínea como "unha novela intimista, podería estar dentro da novela negra pero cun grao de intimismo". Estela, a protagonista, atopa un home moribundo na praia de San Joao e a respostas ás preguntas que se fai sobre a identidade dese home irá buscalas a Pontevedra.
No desenvolvemento desta trama tamén hai cuestións que a autora inclúe para a reflexión ou para a súa visibilidade: o suicidio, o cancro, o autismo, a defensa animal, a linguaxe de signos... O podcast completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén se pode descargar desde a web de PontevedraViva Radio.