O Grove propón un programa cultural para este verán con moita música, cinema e actividades infantís
Por Redacción
O Concello do Grove presenta unha programación con numerosas actividades ao longo do verán, co patrocinio do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia e Musical da Deputación de pontevedra.
A Praza do Corgo acollerá os Xoves Musicais coa participación de diversas agrupacións musicais. Comezará o 6 de xullo coa actuación da Banda do Sequío e nas seguintes sermanas ofrecerán os seus recitais David Chiquillo e Lote, Carmela Arce e Anxo Rego, Os Firrás, Carolina Ruibrosa e Rafa Otero, o grupo Galifunk Brass, Fla-Meco e o Dúo Prisma.
As actuacións musicais complétanse con outros concertos:
O luns 24 de xullo na Praza do Corgo con Os Firrás, coa colaboración do Concello do Grove, ofrecerá unha nova edición de Noite de Serenatas.
O 15 de agosto, no Almacén Vello de Punta Moreiras, a partir das 21.00 horas, o grupo de pandeireteiras Cinco en Zocas ofrecerá unha actuación folclórica.
Para o público infantil desenvólvese o programa Biblioactividades, que terá lugar os martes ás 11.30 horas na Biblioteca Municipal, con inscrición previa. Comezará o martes 4 de xullo co espectáculo de maxia cómica 'Hocus Pocus', a cargo do Mago Paco. Continuará co contacontos 'O traxe novo do Rei', a cargo de Tarabelos Teatro; 'Bichocas', a cargo de Xarope Tulú; 'As historias do Avó Manuel' de Migallas Teatro; o espectáculo 'Peor imposible' de Peter Punk; o cantacuentos 'O son da batea' con Ollo Piollo e o espectáculo 'Mundo máximo', de Pedro Bugarín.
O luns 31 de xullo ofrécese un Escape Room na Praza do Corgo 'O circo do silencio', dirixida a público infantil e familiar.
O cinema de verán comeza coa Rúa de Santo Antonio como lugar de proxección e celebrarase todos os mércores. O ciclo comezará o día 5 de xullo coa película 'Encanto', recomendada para público familiar e infantil. Tamén se ofrecerán fílmelos 'Padre no hay más que uno 3' 'El extraordinario viaje de T.S. Spivet', 'Héroes de Barrio', 'Momias', 'La Casa Gucci', 'El Buen Patrón' e 'Llenos de Gracia'.
O 25 de xullo, Día de Galicia, celebrarase un acto institucional que comezará ás 21.00 horas co concerto de A Banda da Loba, grupo de música integrado por cinco mulleres que mesturan pop, blues, rock, folk e música tradicional.
Tamén se desenvolverán outras actividades de asociacións culturais, que xa se inicia o sábado 1 de xullo coa Asociación cultural Cantodorxo non Auditorio do Grove e o seu 87º Festival de baile de verán.
O domingo 6 de agosto, no Auditorio, a coral polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño ofrecerá tamén o seu tradicional Concerto de Verán.