'Habitarme' achega teatro con danza a Bueu e Cambados
Por Redacción
O espectáculo de danza e teatro 'Habitarme' chega esta fin de semana a Bueu e a Cambados a través de persoas da entidade Al Lio, unha compañía teatral que forma parte da Fundación Igualarte, integrado por persoas con diversidade funcional.
As funcións serán o sábado 10 de xuño, a partir das 22.00 horas, no Centro Social do Mar de Bueu.
O domingo 11 representarase a partir das 20.00 horas no Auditorio Municipal de Cambados.
A entrada a ambas as citas será libre ata completar a capacidade dos recintos.
'Habitarme' é un proxecto artístico que trata sobre o escenario a situación das mulleres diversas que descobren outras formas para definirse. Está dirixida por María Romano e conta cun equipo interpretativo formado por Helena Cuber, Eva García, Vanesa Lea e Carmen Gómez.
O espectáculo está promovido pola Deputación de Pontevedra.