O produtor e director de animaciónJorge Costas tráenos ao podcast 'Cara a cara' o trailer da curta que fixo sobre un conto especial. Durante o confinamento de 2020 o seu fillo Sergio ideara unha historia que o seu pai encargouse de ilustrar, así publicaron en 2021 'O monstro e a nena' con Editorial Galaxia. Agora aquel conto tamén é unha curtametraxe de animación que xa ten algún que outro festival onde se presentará.
Jorge Costas ten unha traxectoria profesional reseñable no sector. Formou parte, por exemplo, do equipo da película 'Planet 51' ou da premiada 'La gallina turuleca'. Fálanos doutros proxectos desenvolvidos en Galicia como son as curtas de animación que xunto co ilustrador Gogue realizaron para diferentes entidades sobre o Camiño de Santiago e as súas variantes e que teñen como protagonistas a unha reconocidísima parella: Floreano e Monchiña.
Tamén para entidades públicas creou outras animacións que teñen como protagonista ao 'Avó Patacas'. Un avó, que polo momento, ensinou de forma moi amena e didáctica o que foron as revoltas irmandiñas e ao que espera seguir dando vida para contar máis historias de Galicia. Non é a única recreación histórica que levou ao universo 3D xa que tamén é artífice da guía virtual que acompaña as visitas guiadas da web da Casa Museo Rosalía de Castro. Neste caso creando o avatar de Maruxa Villanueva, a muller que en vida e durante décadas coidou e guiou a visitantes pola casa da poetisa galega.
O podcast completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén se pode escoitar e descargar desde a web de PontevedraViva Radio.