Mercedes Nieto "Mecha" expón as súas pinturas no Liceo Casino
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O próximo día 22 de maio inaugurarase unha exposición no Liceo Casino de Pontevedra cunha nova colección de pinturas de Mercedes Nieto "Mecha".
O material utilizado é acrílico e esmalte, e o soporte principal tablilla de okumen ou outra madeira, intercalado con algún lenzo e cartón.
O crítico de arte, Roberto del Río destaca da actual etapa creativa de Mecha "o equilibrio de cor, conseguido maxistralmente". Outro punto que destaca é "a forza das obras, a enerxía e o movemento, tanto que os seus cadros máis vigorosos parecen tridimensionales e dotados de vida propia".
"Unha exposición que ninguén debería perderse onde brilla unha artista en plena madurez creativa", recomenda este crítico de arte.