Mercedes Nieto presenta a súa Pintura de acción
Por Redacción
Mercedes Nieto, coñecida como Mecha, se presenta como unha pintora de trazos vigorosos, xestuais, onde se adiviña o movemento do brazo e a emoción que o anima.
Esta pintora pontevedresa ofrece na mostra que se inaugura este próximo fin de semana unha visión psicodélica cunha flora que plasma en cores uniformes a través dunha degradación de tons. A artista dálle unha importancia fundamental á cor promovendo expresionismo abstracto e de pintura de acción. Nos seus traballos non aparece a figura humana nin realismo salvo os bodegóns emocionais, plantas conb setas como follas e paisaxes ultraterreas.
A autora presenta os seus traballos en cadros de formato pequeno con acrílicos que teñen un estilo propio dentro da zona máxica que esta artista crea nas súas obras. A mostra permanecerá aberta no Liceo Casino de Pontevedra dende o 2 ata o 21 de febreiro.