Sábado de homenaxe en Raxó a Paco Fernández del Riego a cargo de Avelaíña Teatro
Por Redacción
A SCD Raxó homenaxeará a Paco Fernández del Riego o sábado 13 de maio, ás 21.00 horas, no Centro Cultural Xaime Illa, coa representación da obra teatral 'Almas na gloria' do grupo Avelaíña Teatro.
Unha vez que se suman trece anos do falecemento do autor, a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas 2023 ao creador desta efeméride, Francisco Fernández del Riego.
A agrupación teatral ofrece unha montaxe na que lembra a figura do escritor e a súa mocidade universitaria no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmanddades da Fala e no Partido Galeguista. Fernández del Riego liderou a creación de institucións tan importantes como a Editorial Galaxia.
Avelaíña Teatro presentará o espectáculo integrado por un amplo equipo artístico dirixido por Antonio Simón. O texto corresponde a Manuel Ayán.