Historias e música achegan sorrisos no Día Mundial da Narración Oral
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/612/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/64194d5696-20230320-patxot-pavis-pavos-sete-falares-1575.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/58d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64194d596b-20230320-patxot-pavis-pavos-sete-falares-1584.jpg)
© Mónica Patxot
A xornada deste luns encheuse de palabras con motivo da celebración do Día Mundial da Narración Oral.
En Pontevedra desenvolvéronse sesións de contacontos por parte de diversos artistas en centros hospitalarios da área sanitaria coa intervención de Bea Campos, Raquel Queizás e Carmen Domecq, Soledad Felloza, Quico Cadaval e Olga Abad.
Ademais destas sesións de narración oral nos hospitais de Montecelo, Provincial e do Salnés, tamén se celebrou unha actividade polo centro de Pontevedra na que se combinaron as historias coa música interpretada pola Street Band de Jazz.
Desta forma ao longo dun percorrido desde a praza de España ata a Peregrina, numeroso público infantil e adulto seguíu á comitiva para asistir a unha divertida sesión de contos con Pavís Pavós, Bea Campos e Polo Correo do Vento.
A xornada concluía ás 20.30 horas con Celso Fernández Sanmartín ofrecendo o seu espectáculo en Santa Clara.
Con estas actividades reivindícase a importancia da narración de viva voz como arte escénica de pequeno formato, creativa e con gran capacidade de adaptación a espazos diferentes.
Día Mundial da Narración Oral 2023
A Street Band de Jazz de Pontevedra acompañou a Polo Correo do Vento; a Bea Campos de Migallas; e a Xacobe Rodríguez e Tareixa Alonso, de Pavís Pavós nas contadas realizadas durante un percorrido polo centro da cidade
© Mónica Patxot