O humorista Carlos Blanco abre o ano de actividades culturais en Sanxenxo
Por Redacción
O actor de Vilagarcía, Carlos Blanco, presentará no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán, en Sanxenxo, o seu espectáculo 'Ao vivo, de momento'. Trátase dunha comedia dirixida ao público adulto e que se poderá ver a partir das 22.00 horas do venres 3 de xaneiro.
O actor que se fixo popular para o gran público grazas ao personaxe de Ladislao na serie 'Mareas Vivas' leva unha longa traxectoria tamén como humorista, director e presentador ademais de monologuista chegando a ser finalista no certame del club de la comedia no ano 2003.
En 'Carlos Blanco ao vivo, de momento 'ofrece algunhas das súas historias máis destacadas durante a súa longa traxectoria escénica con referencias á actualidade e que foron xa contadas en cidades como Londres, Berlín, Madrid ou Barcelona.
As entradas, que terán un prezo de 8 euros en venda anticipada, tamén se poderán adquirir en despacho dende unha hora antes a 10