RADIO.- A actriz María Carrera publica o seu primeiro conto infantil, que tamén levará aos escenarios
Por Marisa Ciordia
A actriz pontevedresa María Carrera acaba de publicar o seu primeiro conto infantil co título 'La gallina Pipi'. Tras a súa habitual presenza no entroido pontevedrés como condutora do concurso de charangas, María materializa un proxecto que comezara no mes de maio do ano pasado. A protagonista do conto ten a súa inspiración nunha situación real da vida madrileña da súa autora, onde reside desde hai tempo e cóntanola no podcast 'Cara a cara'.
A publicación foi coeditada con Círculo Rojo e as ilustracións son de Ana Tejedor. As próximas semanas ten previstas varias presentacións en localidades da Comunidad de Madrid e aínda que polo momento non pode dar detalles, tamén as fará nesta capital. Ademais xa ten inscrición para participar nas feiras do libro de Almería, Granada e Madrid, onde estará a asinar o seu libro e no caso de Pontevedra, conta con estar en xuño en Pontevedra de man da Librería Paz.
O percorrido de 'La gallina Pipi' continuará nos escenarios a partir de maio, incluíndo a interpretación das dúas cancións que acompañan ao conto e que compuxo tamén María Carrera. No verán, o público infantil pontevedrés terá ocasión de asistir á súa representación, segundo avanzábanos.
O podcast pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén se pode descargar na web de PontevedraViva Radio.