Uxía e Javier Ruibal chegan ás Matinés do Principal cun retrato musical de Rosalía e Lorca
Por Redacción
Uxía e Ruibal estarán no Principal de Pontevedra, nun concerto coa poesía musicada de Rosalía e Lorca, ás 12.30 horas do 25 de marzo.
O concerto encadráse dentro de 'As Matinés do Principal', o ciclo de música matutino do Teatro Principal de Pontevedra.
As Matinés, baixo o lema "música en vivo para todos os públicos", leva xa anos programando a concertos de artistas como Guadi Galego, desprendéndose da idea de que as mañás están reservadas aos espectáculos infantís. As entradas están xa á venda na páxina web de ataquilla.com.
Uxía e Ruibal teñen xa unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago, "selando a irmandade norte-sur e a proximidade de espírito e de ideais; poñer no centro o que nos une e non o que nos separa, tender pontes da túa casa á miña" sobre os versos e a alma de dúas figuras universais.
'De tu casa a la mía' é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores. Farano con novas melodías que nos fagan coñecer máis a fondo a súa obra e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía, nesa unión norte-sur presente na súa poesía.
Relacionadas:
-
Rosalía e Lorca danse a man en Pontevedra na voz de Uxía e Javier Ruibal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Regreso cheo de psicodelia e guitarras para As Matinés do Principal
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Los Estanques e Anni B. Sweet, psicodelia e ritmos setenteiros para abrir As Matinés do Principal
Por Alejandro Espiño |
-
As Matinés do Principal, un regreso agardado con María Arnal i Marcel Bagés
Por Redacción & Cristina Saiz |