As Matinés do Principal, un regreso agardado con María Arnal i Marcel Bagés
Por Redacción & Cristina Saiz
As Matinés do Principal inauguráronse este sábado 8 de outubro co dúo de 'pop mutante' María Arnal i Marcel Bagés, que actuaron no Teatro Principal ante numeroso público.
A partir das 12:30 horas o dúo subiu ao escenario para presentar diante dos pontevedreses os temas do seu segundo disco xuntos, Clamor, que describen como unha fábula contra-pandémica que reivindica a vulnerabilidade humana, un álbum que renova o imaxinario sonoro de 45 cerebros e 1 corazón.
Este dúo de voz e guitarra repasaron, fusionados con sons electrónicos, os temas do seu primeiro disco.
A seguinte cita das Matinés do Principal será o sábado 29 de outubro con A Pedreira, o proxecto musical da artista galega Ugía Pedreira.
Relacionadas:
-
Uxía e Javier Ruibal chegan ás Matinés do Principal cun retrato musical de Rosalía e Lorca
Por Redacción |
-
Matiné con Ugía Pedreira no Teatro Principal de Pontevedra
Por Cristina Saiz |
-
María Arnal i Marcel Bagés, 'pop mutante' para o regreso de As Matinés
Por Alejandro Espiño |
-
Saen á venda os abonos para Domingos do Principal, Ponteatro e as Matinés
Por Oskar Viéitez |
-
Maria Arnal i Marcel Bagès e Ugía Pedreira, apostas para a regreso das Matinés do Principal
Por Alejandro Espiño |