Este Nadal o Museo Massó ensina a facer selos de libros e os cinco nós mariñeiros básicos
Por Redacción
O Museo Massó de Bueu ofrece estas vacacións de Nadal unha serie de obradoiros co fin de que toda a familia poida gozar dunha oferta de actividades didáctica nestas instalacións e para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar nestas datas. Ademais, o centro permanecerá aberto de martes a domingo de 10 a 20 horas e os domingos e festivos - agás o 31 de decembro e o 1 de xaneiro- de 10 a 14 horas.
O primeiro dos obradoiros desenvolverase o sábado 28, e nel ensinarase a deseñar un selo persoal, 'ex libris', para personalizar os libros. Os asistentes aprenderán a utilizar a técnica do gravado sobre goma, así como a fabricar selos de tinta, segundo informou a Consellería de Cultura e Educación.
Xa no novo ano, o sábado 4 de xaneiro, desenvolverase 'Atando cabos. Nós mariñeiros' no que os participantes aprenderán a facer os cinco nós mariñeiros básicos Cote, As de guía, Chan, Oito e Ballestrinque-, cos que farán a súa propia pulseira. Os responsables do obradoiro explicarán ademais a orixe de cada nó e montarán un pequeno cadro con eles.
Ambos os talleres serán ás 12.30 horas. A inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838, de luns a venres entre as 10 e as 20 horas, ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.
Ademais, ata o 5 de xaneiro quen se achegue ao Museo Massó poderán visitar da exposición de proxectos presentados no concurso de ideas para a conservación e utilización do Estaleiro de Banda do Río.