Na procura dun Nadal divertido entre os fondos do Museo
Por Redacción
Contos, música e arte centran o programa navideño deseñado polo Gabinete Didáctico do Museo Provincial para os nenos. Promoverá obradoiros creativos e un espectáculo que mestura música, literatura e pintura a partir do 21 de decembro.
O domingo 21 de decembro abrirase a programación coa representación do conto Unha semana do pequeno elfo Cerra - Ollo de Hans Christian Andersen, na que se mesturan tres artes diferentes: a literatura, a pintura e a música dun piano tocado a catro mans.
O evento terá lugar no Sexto Edificio do Museo ás 18.00 horas e nel o dúo de piano Pérez & Rejas (Constantino Pérez Murás e Patricia Rejas Suárez) interpretará en directo unha versión deste conto realizada polo francés Florent Schmitt, ao tempo que se proxectarán imaxes creadas pola pintora Marta Román Cid, inspiradas tanto nos contos como na música que os acompaña.
Entre as actividades tamén haber un obradoiro para crear adornos de vidrio para a árbore de Nadal ao que poderán asistir 90 nenos ou outras máis vencelladas aos fondos do propio Museo como un percorrido polas instalacións na busca do xoguete escondido. Os participantes terán que ir buscando a presenza de xogos e xoguetes en diversas obras de arte.
Relacionadas:
-
Viaxe no tempo con Mariquita Pérez
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Os xoguetes máis populares desde o século XIX, xuntos nunha mostra no Edificio Sarmiento
Por Redacción |
-
Este Nadal o Museo Massó ensina a facer selos de libros e os cinco nós mariñeiros
Por Redacción |
-
De Centroeuropa ao Museo: 400 adornos de Nadal en vidro soprado e pintado expóñense no Sexto Edificio
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As ludotecas do Nadal mergúllanse no mundo da espionaxe
Por Redacción |