![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f6f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63eb8d24e9-castelao_o-neno-das-pinas-museo.jpg)
© Museo de Pontevedra - Deputación de Pontevedra
Piden colaboración para decidir que debuxo de Castelao se vai converter en postal turística do Museo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7d6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63eb89190b-330923767_895151861609066_8007682748287318561_n.jpg)
© Museo de Pontevedra - Deputación de Pontevedra
O Museo de Pontevedra lanzou este 14 de febreiro unha proposta na rede social Instagram solicitando a participación dos seus seguidores para seleccionar unha imaxe creada por Castelao, co obxectivo de que se utilice como postal turística.
"Cal destes debuxos de Castelao che parece máis acaído para unha postal?", preguntan desde o Museo para convidar á colaboración.
A intención da institución dependente da Deputación de Pontevedra é publicar unha serie de postais dirixidas ao público turista que visita Galicia.
Entre as obras da colección do Museo Provincial coas que queren lanzar esta campaña incluirase unha de Alfonso Rodríguez Castelao.
As imaxes escollidas son catro traballos icónicos en cor. Agora depende das votacións a decisión de seleccionar unha delas como debuxo representativo para esta actividade promocional.