ÿxito na estrea de "Unhas clases do social a tempo" con Carlos Blanco en Madrid
Por Redacción
Cun notable éxito de público, a curtametraxe Unhas clases do social a tempo proxectouse no Centro Galego de Madrid acompañado por un monólogo do actor Carlos Blanco, membro do reparto da película protagonizada por Santi Romay.
Durante case duas horas, a proxección e o monologuista conseguiron divertir a preto dun cento de persoas na sala. O director pontevedrés Pablo Cacheda agarda poder realizar novas presentacións en diferentes cidades da península.
A seguinte proxección en Pontevedra será no Liceo Mutante, o día 9 de outubro, onde vai estar acompañada por un espectáculo de malabares e lume. Ademais, está confirmada unha proxección en Barcelona o día 8 de decembro, unha vez máis con monólogo do actor de Vilagarcía de Arousa, Carlos Blanco.
Relacionadas:
-
Casting para unha webserie pontevedresa
Por Redacción |
-
A curtametraxe "Unhas clases do social a tempo" convertirase en webserie
Por Redacción |
-
Pablo Cacheda: Pontevedra ten que ser explotada audiovisualmente
Por Anxo Lourido |
-
ÿxito de público na estrea da curtametraxe de Pablo Cacheda
Por Redacción |