Víctor del Árbol Romero fálanos no podcast 'Cara a cara' da novela que acaba de publicar, 'Nadie en esta tierra' (Ediciones Destino). Unha novela negra que discorre entre a Barcelona do século XXI e a Galicia dos anos 70 e na que ademais, heroes e viláns transitan por unha ficción con moita realidade.
O autor xoga coas voces narrativas e tamén co público lector. É o máis vil da novela ese sicario que fala en primeira persoa?, o heroe desta historia, o inspector Julián Leal, é o que se considera hoxe un personaxe heroico?; o poder está por encima do ben e do mal?... Desfilan moitos delitos pola páxinas de 'Nadie en esta tierra' e moitos pesos: o do pasado, o da morte, o dos silencios, o da culpa... e cada personaxe ten que lidar con eles. En todo ese armazón o autor tamén pon un par de faros: a esperanza e a rebeldia.
Con este libro, Víctor del Árbolasina a súa décima novela e comenta que está ilusionado e expectante "porque é como volver á estrada, volver empezar. Pasaron dous anos desde 'El hijo del padre' e xa me apetecía moito volver estar cos lectores e vivir a literatura como a min gústame, como comunicación, estar coa xente".
A charla completa, cun extracto da novela inclusive, está no podcast dePontevedraViva Radioque se adxunta. Podes escoitalo agora ou descargalo para escoitar despois.