'A Liorta', teatro para conmemorar os 40 anos da Aula Castelao de Filosofía
Por Redacción
A Aula Castelao de Filosofía celebra neste 2023 o seu corenta aniversario e, entre as actividades previstas para esta conmemoración, organiza a posta en escena da obra 'A Liorta', montada pola compañía pontevedresa Avelaíña Teatro.
A función será o 10 de febreiro ás 20.30 horas no Teatro Principal con entrada libre e gratuíta.
Neste espectáculo ofrécese o debate entre as dúas figuras máis destacadas da etapa de Ilustración: Voltaire e Rousseau. Mentres Voltaire ofrece unha visión desde o punto de vista da razón burguesa baixo a liña dos intereses do capital marcado polo liberalismo; Rousseau ofrece unha proposta desde o desexo de igualdade, o sentimento de liberdade e a esperanza de felicidade, sendo o promotor do socialismo e do romanticismo.
Durante a función obsérvase a orixe do debate entre as dúas principais ideoloxías que seguen marcando a vida contemporánea: o liberalismo e o socialismo. A disputa entre ambos os pensadores, sobre o escenario, enriquécese cos seus recursos dialécticos utilizando a ironía e o sarcasmo.
Relacionadas:
-
Mourente acolle este domingo 14 a obra 'Almas na Gloria: Don Paco', de Avelaíña Teatro
Por Redacción |
-
'A Liorta', unha obra para lembrar a necesidade dos debates filosóficos na actualidade
Por Anxo Lourido |
-
Avelaíña Teatro "vence" a SGAE para estrear en galego 'A Liorta' de Prévand este domingo en Mourente
Por Anxo Lourido |