RADIO.- Mergullámonos no debut musical da artista pontevedresa Saqra
Por Marisa Ciordia
Saqra significa diaño en quechua, a lingua dos incas. É o nome artístico co que se presenta a moza ponteareá Noelia Fernández e tamén o que escolleu para o seu debut musical. Un EP con seis cancións que xa se pode escoitar na plataforma Spotify. "Buscaba un nome artístico diferente, cun toque de misterio e que á hora de pronuncialo sexa sonoro. O meu produtor é de Perú e así saíu o nome".
Empezou desenvolvemento musical desde idade moi temperá e continuou a formación no Conservatorio. Toca o piano, a batería, a marimba e a guitarra. Abriuse ao público con covers, a través das redes sociais. Hai practicamente un ano que trasladou a súa residencia a Madrid: "son higienista bucodental e como tamén estaba a buscar evolución musical, dixen, que mellor lugar para dar o salto".
Tras ese salto á independencia conseguiu romper "unha barreira que tiña na cabeza; e ao independizarme madurei e díxenme, podo facer letras" coméntanos no podcast 'Cara a cara'. Non lle gusta cualificarse nun xénero concreto: "por iso abarco unha chea. Encántame o R&B, o soul, o pop, o tecno, o reguetón e tentei facer un mix" e a todo iso, mesmo a folk soa 'Saqra'.
Preguntámoslle no programa de PontevedraViva Radio polo single promocional, 'Pierdo', que conta co seu correspondente videoclip e no que contou con nomes pontevedreses como os de Fran Ferreirós e Alexandre González de Orixe Creative. Un audiovisual rodado en Madrid e na costa pontevedresa.