Tres espectáculos para agasallar este Nadal
Por Redacción
O Concello de Pontevedra lanza a campaña #AgasallaCultura para promover as experiencias músico-culturais como regalo nestas datas. A concelleira Carme Fouces anima á cidadanía a facer esta "compra menos material, feita con pensamento, amor e e ilusión e ademáis a moi bo prezo".
Dentro desta campaña pola súa variedade e proximidade nas datas de celebración están incluidos os seguintes eventos que terán lugar no Pazo da Cultura.
O Concerto de Aninovo da Orquestra Sinfónica de Pontevedra xunto a Agrupación Folclórica estradanse Tequexetéldere e o solista Suso Vaamonde o 1 de xaneiro ás 19.30h con prezos de 10, 12 e 15 euros.
"Nueva York en un poeta", de Alberto San Juan o 21 de xaneiro ás 20.30 no Pazo da Cultura cun prezo de 12 euros (4 euros para estudantes, desempregados e maiores de 65).
Outra posibilidade de agasallo é o concerto da xira "Mundos inmóviles derrumbándose" de Nacho Vegas o 27 de xaneiro ás 21 horas no Pazo da Cultura, con prezos entre os 12 e os 18 euros. Previamente terá lugar a presentación ás 19:30 horas do libro "Hey!". de Hans Laguna, na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
Alberto San Juan encarna este sábado a Lorca en Pontevedra nun espectáculo con música en directo
Por Redacción |
-
Recital da Orquestra Sinfónica de Pontevedra para estrear o ano con boa música
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
O colexio de Tenorio "liberará" libros en espazos emblemáticos
Por Oskar Viéitez |
-
Os nenos e nenas de Pontevedra xa poden enviar as súas cartas aos Reis Magos
Por Redacción |
-
Valses e polcas de Strauss "á galega" no concerto de Aninovo da Orquesta Sinfónica de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |