Concerto Solidario de Nadal en Vilagarcía con Orfeón de Voces Graves 'Arousa'
Por Redacción
A Fundación Mediolanum Aproxima organiza para o domingo 18 de decembro, ás 19.00 horas, un concerto de Nadal con carácter solidario. Será no Pazo da Golpelleira en Vilagarcía de Arousa coa actuación do Orfeón Voces Graves "Arousa".
A achega mínima é de oito euros, a través do reto en migranoedarena. É preciso inscribirse previamente debido á capacidade limitada do recinto. Os menores de 12 anos accederán gratis.
É preciso achegar xustificante da doazón nesta ligazón do evento.
Os fondos irán destinados ao proxecto xardín sensorial, destinado para usuarios do Autismo Bata, que dispón dun colexio de Educación Especial, específico para alumnado con TEA (Transtorno do Especto Autista).
Este colectivo traballa na adecuación do patio e a zona exterior do centro para convertela nun xardín sensorial para que as persoas que precisan deste servizo aprenda xogando e experimentando a través dos sentidos.
A intención é adquirir unha randeeira grande de madeira, onde poder desenvolver habilidades psicomotrices, vestibulares e propioceptivas, á vez que dispoñemos dun espazo lúdico no que durante os nosos recreos.