O autor pontevedrés fixa a atención na cantante, compositora, escritora, produtora e modelo americana, que transita entre o mainstream e o underground. Os ensaios vinculados á música non son nada alleo para el.
"É un libro para todos os públicos, a condición de que a xente entenda que tipo de libro é. Non é unha biografía de La Del Rey. Utilizo esta figura para falar doutras moitas máis cousas" comenta.
Boullosa presentou xa este título en capitais como Madrid, Bilbao e Barcelona; en Xixón e a última en Cangas. Este próximo mércores 23 será a quenda da capital pontevedresa. Comezará ás 20.00 horas naLibrería Paz e estará acompañado de Manuel Pérez Lourido.
Podes escoitar o podcast no arquivo anexo ou acceder á web de PontevedraViva Radio e escoitalo ou descargalo.