Francisco Castro recibe o XIX Premio Fernández del Riego de Xornalismo
Por Oskar Viéitez
O Café Moderno Afundación de Pontevedra acolleu este martes o acto de entrega do XIX Premio Fernández del Riego de Xornalismo, outorgado a Francisco Castro polo seu artigo "Coiden da música" publicado en La Voz de Galicia.
Francisco Castro expresou "o agradecemento e a emoción" de poder contar con este premio e tamén recoñeceu o valor de quen o acompañaron na candidatura de finalistas, Diego Giráldez e Cláudia Morán.
No acto tamén participaron Pedro Otero Espinar, director xerente de Afundación; Víctor Freixanes, presidente do xurado; Carlos Valle, secretario; Fina Casalderrey, vogal; Míriam Ferradáns, vogal; e Gloria Rodríguez López, vogal.
Camiño Noia, escritora, filóloga e profesora emérita da Universidade de Vigo, abordou no seu relatorio a figura de Francisco Fernández del Riego.
Na súa acta o xurado constou a dificultade na elección debido á elevada calidade dos tres textos. Vítor Freixanes, sinalou o valor do "talento, que no caso das tres finalistas foi poñer en palabras as emocións e sentimentos profundos que todos temos".
"Os vosos traballos son moi intensos e están moi ben escritos, vén unha nova xeración de escritoras nos xornais: as xornalistas literarias que engrandecen a nosa literatura", rematou.
Francisco Fernández del Riego será a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do vindeiro 2023, e con tal ocasión Afundación decidiu convocar xa a vixésima edición do Premio de Xornalismo que leva o seu nome. A súa intención é presentar as persoas finalistas no próximo mes de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.