Volve o gran formato ao Sonrías Baixas con Tanxugueiras, Kase.O, Rayden, Jazzwoman, Cool Nenas e La M.O.D.A.
Por Redacción
Entre o xoves 4 e o sábado 6 de agosto, Bueu volverá converterse no emprazamento para o festival de gran formato Sonrías Baixas. Este martes presentábase a edición deste ano no peirao da praia de Beluso.
Esta iniciativa promovida pola produtora PlayPlan dividirase en tres xornadas cunha ampla participación de mulleres artistas. O xoves 4 de agosto comezarán os concertos coas actuacións de Delaporte, Sofía Gabanna, JazzWoman e Cool
Meniñas. A eles súmanse o rapeiro Rels B e Maurino. As propostas para esta primeira xornada céntranse en ritmos urbanos e en grupos emerxentes.
Durante o 5 de agosto regresa Kase.O ofrecendo un recital dentro do décimo aniversario de Jazz Magnetism. Ademais, ao escenario subiranse Rayden, Ciudad Xara, Buhos, Bala e Emlan. Tamén actuarán dous referentes do hip hop en Galicia, García MC & Nación Quilombo.
As tres integrantes de Tanxugueiras serán as principais protagonistas do sábado. Á súa actuación súmase a de La M.O.D.A., co seu novo traballo 'Novo cancioneiro burgalés' e Arnau Griso; Sara Hebe; Eskorzo; Balkan Paradise Orchestra e Suu.
A estes concertos súmanse as sesións de La Duendeneta e de Grande Amore. As entradas pódense adquirir a través do portal do festival. Coa compra do entrada-bono para os tres días inclúese de forma gratuíta a zona de acampada, á que se poderá acceder por Pazos Fontenla. Segundo informan desde a Xunta de Galicia, unha das entidades promotoras deste festival, o espazo dispoñerá de todos os servizos básicos para garantir a comodidade do público asistente.