Big City e Nine Stories unen as súas forzas nun concerto "íntimo e especial" en Pequeño Karma
Por Redacción
Compañeiros de selo, colaboradores habituais e, con todo, amigos, Big City e Nine Stories embárcase nunha minixira por Galicia na que visitarán catro cidades galegas, entre elas Pontevedra. Concertos pequenos e bonitos que terán lugar en espazos recollidos e especiais e nos que interpretarán as súas cancións no formato máis íntimo posible. Neste caso, a súa actuación será en Pequeño Karma, o xoves 5 de decembro ás 22.00 horas.
Nine Stories e Big City publicaron este ano o seu segundo e cuarto traballo. Trafalgar é o título do novo disco de Nine Stories, tralo debut homónimo editado en 2010 e que supuxo o inicio da traxectoria de Gran Derby Records. O disco, que amplifica as virtudes do seu predecesor: cancións que transitan entre o pop e o folk emocionante con arreglos de vento e corda, pingas de psicodelia e melodías luminosas e melancólicas.
Big City, con catro discos xa editados, poden presumir de contar cunha das carreiras máis sólidas que deu este país nos últimos 10 anos. Cada álbum supuxo un paso adiante e The Way The Trees Are non foi unha excepción. Afianzando a súa condición de grupo inquedo, as cancións de Big City móvense entre o rock intenso de raíz anglosaxona e un espírito experimental que lles proporciona un son único.
O concerto de ambas bandas será gratuito.