Historias de Vilagarcía chegan á Casa das Campás a través do documental 'Desde dentro do corazón'
Por Redacción
O documental 'Dende dentro do corazón' proxéctase este xoves 28 ás 19.00 horas na Casa dás Campás.
Trátase dun traballo que se centra en entrevistas a distintos veciños de Vilagarcía de Arousa. Ao longo da película contan as súas vivencias relacionadas con Historias de Mar a través de catro historias: A vina que tinga un mar, Mister, Guanpenning, O ouro negro e A derrota do Cabo Razo. Nelas cóntase as experiencias durante as tormentas que afectaban á vila, a presenza de ingleses que chegaron a duplicar á poboación local, o boom económico do cultivo da ameixa e o berberecho en Carril e o naufraxio do buque Cabo Razo. Tamén se proxectará unha quinta historia, a de dous irmáns de 80 anos que seguen traballando xuntos no mar.
Este traballo dirixido por Antonio Caínzos forma parte dun proxecto do Faiado da Memoria, unha asociación que leva reunidos 70.000 elementos gráficos e recuperou películas en distintos formatos que se remontan dende os aos 20 aos 60.