Grupos de Galicia e Portugal participarán na undécima mostra dos Trazantes de Tenorio
Por Redacción
O campo da festa de Tenorio acollerá este sábado 16 de xullo, a partir das sete da tarde, a undécima edición da mostra organizada pola asociación Os Trazantes de Tenorio.
Neste festival folclórico participarán, ademais dos anfitrións, O Penediños de Atios (O Porriño) e o grupo portugués O Rancho Velhas Fazendas (Almeirin), procedentes dunha cidade próxima a Santarem e Lisboa.
A partir das 20:30 horas, aproximadamente, terá lugar tamén unha foliada aberta na que poderán participar todos aqueles que así o desexen e se acheguen ata o campo da festa de Tenorio para compartir a súa música e as súas cancións co público presente.
Este festival consolídase como unha das citas obrigadas co folclore tradicional galego na comarca xa que en torno a el concéntranse actuacións de prestixiosos grupos musicais
Durante a presentación, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, salientou a importancia deste tipo de iniciativas para favorecer o intercambio cultural e o irmandamento dos pobos a través da música, o folclore e as nosas respectivas tradicións.