Así foi a 'gran final' do primeiro Concurso de contos orais
Por Cristina Saiz
A igrexa de Santa Clara foi este domingo o escenario idóneo, para as historias e relatos dos dez finalistas do concurso 'Botalle un conto'.
Os premios aos contadores foron para Lucía Alén 'Sita', María Lores, Juan José Esperón e Manuel Hermida. Como agasallo desfrutarán dunha cea no restaurante O Souto, no Savoy e no Eirado da Leña.
O concurso contou coa participación de case corenta persoas, con idades comprendidas entre os 88 e os 17 anos, ofrecendo diferentes e variados xeitos de contar as historias elixidas, se ben na final deste domingo, as idades variarán entre os 87 e os 33 anos.
Así foi esta 'gran final'